2 de junio de 2022
A orquestra actuará mañá (20.30 horas) no recinto municipal, unha das catro citas da súa xira especial polo seu 20 aniversario
O Teatro Colón ábrelle as súas portas á orquestra SonDeSeu cun concerto que se realizará mañá, venres, ás 20.30 h. Esta é a terceira parada da orquestra na súa xira especial polo 20 aniversario da formación, que celebra dúas décadas de promoción e evolución do folclore galego con catro actuacións únicas e especiais en formato acústico nas cidades de Vigo, Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.
SonDeSeu naceu no 2002 co obxectivo de poñer en valor a música popular e de raíz, explorando a súa fusión e mestura con elementos contemporáneos. Ademais, a Orquestra Folk de Galicia ten unha vontade divulgativa, que se manifesta nos numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk como o 'Libro branco da Educación en Música tradicional' ou a posta en marcha da Rede Europea de Orquestras Folk ENFO. Unha forma de poñer en valor a música tradicional fóra dos escenarios e de darlle continuidade no tempo e na historia da música galega.
As entradas para o concerto previsto este venres no Teatro Colón (20.30 horas) teñen un custo de entre 10 e 16 euros, segundo a zona escollida. Pódense mercar a través da páxina web Ataquilla.com, así como no despacho de billetes central do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) da praza de Ourense (de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas). Os pases tamén se poderán adquirir o día da actuación, no despacho de billetes do Teatro Colón, desde dúas horas antes do comezo da función, sempre que haxa entradas dispoñibles.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible