13 de diciembre de 2024
Ambos artistas actuarán en días consecutivos, sábado e domingo, no Coliseum
Esta fin de semana celebraranse dous concertos no Coliseum da Coruña, que pechará por todo o alto as grandes actuacións musicais deste 2024. Trátase de Ana Mena e Rod Stewart, concertos para os que aínda queda un número limitado de entradas á venda.
No caso de Ana Mena, será o segundo ano consecutivo que actúe no Coliseum, tras facelo en decembro do 2023. Neste caso, a cantante está pechando a súa xira 'Bellodrama 2024', que a levou a actuar por todo o territorio nacional en diferentes grandes recintos e festivais. O seu concerto será este sábado 14 a partir das 22.00 horas. As últimas entradas pódense adquirir a través de Ataquilla e do despacho de billetes da praza de Ourense. Ana Mena presentará na Coruña algúns dos seus últimos grandes éxitos, como son 'LAS 12', 'Música ligera', 'Madrid City' e 'Quiero decirte'.
Por outra banda, o domingo 15 haberá outro concerto moi especial no Coliseum. Será o de Sir Rod Stewart, que ofrecerá unha das últimas actuacións da súa carreira, pois o artista británico confirmou que esta será a súa última xira, que leva por nome 'One last time'. Nas últimas semanas habilitouse un número limitado de entradas para o concerto, que están á venda en diferentes plataformas dixitais como Ticketmaster ou El Corte Inglés.
Rod Stewart é un dos artistas con máis vendas da historia da música gravada, con máis de 250 millóns de discos e singles vendidos en todo o mundo. O seu concerto comezará ás 21.00 (apertura de portas ás 19.30 horas). Co concerto do artista británico pecharase o ano musical do Coliseum, polo que pasaron grandes artistas nacionais e internacionais, como Juan Luis Guerra, Queens of the Stone Age, Camilo, Maná, Ricky Martin ou Emilia Mernes.

22 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible