6 de marzo de 2025
As persoas e empresas interesadas poderán optar ata o 17 de marzo aos 12 lotes de explotación, un por cada mes do ano
O vindeiro luns 17 de marzo pecharase o prazo de presentación de ofertas para organizar eventos na planta superior do mercado de San Agustín. O proceso, aberto desde comezos de febreiro, supón que todas aquelas persoas ou empresas interesadas poderán optar aos 12 lotes de explotación de dito espazo, un por cada mes do ano, para a organización de mercadillos, feiras, accións de ocio e todo tipo de eventos. "Desde o Goberno de Inés Rey seguimos dinamizando os espazos emblemáticos da cidade con actividades para todos os públicos, dando a oportunidade ás entidades e emprendedores da cidade de promover eventos tal e como vimos facendo nos últimos anos", sinala Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.
A explotación da planta superior de San Agustín permite, ademais, dar a coñecer os produtos e distintos postos que teñen actividade neste mercado, tanto no interior como no exterior, onde grazas á acción do Goberno de Inés Rey a meirande parte dos espazos están ocupados e a pleno funcionamento. "Buscamos contar con eventos de carácter innovador, favorecendo as actividades comerciais e poñendo en valor o pequeno comercio", indicou Diana Cabanas.
A esta oferta de explotación, á que se pode optar mediante concorrencia competitiva, poderán presentarse proxectos de mercadillos gastronómicos, artísticos, culturais, artesanais, sostibles, de artículos vintage ou de segundamano, feiras de economía social e outro tipo de eventos. As persoas ou empresas interesadas poderán optar a 12 lotes, coincidindo con 12 fins de semana, preferentemente un ao mes. As entidades licitadoras poderán concorrer ata un máximo de seis dos 12 lotes. A duración da autorización da explotación do espazo será dun ano, puidendo ser prorrogada por dous anos máis.
Os pregos da licitación poden ser consultados na páxina web municipal. O Concello vén fomentando todo tipo de eventos nesta planta superior do mercado municipal de San Agustín nos últimos anos, como por exemplo o Mercado das Nubes, Rebel Wine ou Bocatise, así como exposicións como a dos proxectos da Bienal de Arquitectura.

17 de diciembre de 2025

13 de diciembre de 2025

10 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible