Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de febrero de 2016

Un recital con textos de Lois Pereiro inaugura este domingo ‘Historias de almanaque’, unha serie de homenaxes a figuras culturais vinculadas á cidade

José Manuel Sande presentou esta mañá ‘O Fillo da Furia. 20 voces por Lois’, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, e no que participarán, entre outros, Manuel Rivas, Estíbaliz Espinosa ou Lino Braxe

O Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou na mañá deste venres no Pazo de María Pita “O fillo da furia. 20 voces por Lois”, unha homenaxe poética e musical en torno a Lois Pereiro, unha figura “crucial e necesaria”, segundo definiu o edil, nas letras galegas.  A actividade, organizada en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega e que conta co apoio do Concello, suporá o inicio de Historias de almanaque, unha serie de homenaxes a persoeiros artísticos e culturais vinculados a cidade  que toma o nome da coñecida obra de Bertolt Brecht. “Levabamos tempo vendo a falta de tributos á figuras vivas ou mortas que entendemos que si merecen recoñecemento, e escudriñar na memoria, pola súa relevancia”, explicou o edil, quen avanzou que estas homenaxes serán diversas, e irán “desde actos que poden ser no salón de Plenos, como incorporación de nomes ao rueiro ou exposicións”, entre outras.  

Sande lembrou a figura do poeta monfortino, cuxa obra definiu como “breve pero contundente, radical e apegada”. “A homenaxe a Pereiro no 2011 coas Letras Galegas supuxo o súmmun da audacia académica”, explicou o concelleiro de Culturas, “ao marcar o inicio dun camiño do recoñecemento, e a que unha obra non se medise polo número de páxinas, senón pola súa valía”, afirmou.

O fillo da furia. 20 voces por Lois será “un espectáculo fundamentalmente poético, pero tamén musical”, expuxo Sande, no que participarán 20 poetas, tantos como anos se cumpren este 2016 do pasamento de Pereiro. Ao escenario do Teatro Rosalía Castro subirán “unha nómina importante de autores”, especificou o responsable municipal, entre as e os que se inclúen Álvaro Antelo, Lino Braxe, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Rosalía Fernández Rial, Alfredo Ferreiro, Miguel Mato, Antía Otero, Silvia Penas, Mario Regueira, H. Ridavulla ‘Corcón’, Manuel Rivas, Ana Romaní, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Ramiro Torres, Xulio Valcárcel, Iolana Zúñiga e O’Leo. Tamén participarán nesta homenaxe, producida por Mercedes Queixas, Xosé Manuel Pereiro e Lino Braxe, as actrices Manuela Varela e Sabela Hermida.

José Manuel Sande estivo acompañado na presentación por Xosé Manuel Pereiro, irmán do poeta e decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, quen lembrou que o acto do Teatro Rosalía, que terá lugar este domingo ás 12.30 horas e de entrada gratuíta, é unha das iniciativas que se engloban dentro de Cicloxénese cultural, unha serie de “actos e actividades conectados” arredor da figura de Lois Pereiro e das que son partícipes numerosos artistas de todo o mundo a través de  diversas disciplinas, como videocreación, ilustracións, concertos e unha exposición que terá lugar nos vindeiros meses en Monforte de Lemos.

Defensa do patrimonio cultural da Coruña

Preguntado esta mañá polos medios de comunicación sobre os restos arqueolóxicos dos terreos que posúe o Ministerio de Defensa na Maestranza, o concelleiro de Culturas sinalou que Patrimonio “era un dos aspectos descoidado” por anteriores corporacións, cando “debería entenderse como algo tanxible e digno de respecto, e que debe presidir o contacto coas outras administracións”. Neste sentido, Sande sinalou que a idea de patrimonio do Goberno local “é interdepartamental e compartido entre as concellerías de Rexeneración Urbana, Culturas, Medio Ambiente e promoción da cidade”. “O patrimonio cultural non debe descoidarse, ten que ser esencial. Nestes momentos desde o Concello estase traballando en desenvolver un plan máis amplo, máis aló das figuras patrimoniais emblemáticas da cidade, como o Castro de Elviña ou a Torre”, co obxectivo de “provocar algo máis que roteiros”, afirmou o responsable municipal.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión