16 de marzo de 2023
‘Espazos en construción. Javier Zabala, 1983-2023’ repasa a traxectoria dun dos ilustradores españois con maior prestixio internacional
A mostra permanecerá aberta ata o próximo 17 de maio na Casa da Cultura Salvador de Madariaga
A sala municipal de mostras Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga, acolle desde hoxe a exposición que compila o traballo do ilustrador Javier Zabala. A mostra permanecerá aberta ata o 17 de maio.
'Espazos en construción. Javier Zabala, 1983-2023' repasa a traxectoria dun dos ilustradores españois con maior prestixio internacional, tal e como evidencian os seus numerosos recoñecementos e premios obtidos durante a súa traxectoria artística.
Nado en León en 1962, formouse nas Escolas de Arte de Oviedo e Madrid. As súas obras traducíronse a 18 idiomas, con publicacións nas editoriais máis importantes. A súa obra como ilustrador abrangue a literatura infantil, a xuvenil e a adulta.
A mostra ten unha vontade antolóxica, polo que abrangue ata doce capítulos diferentes, desde os seus comezos en León e Oviedo ata o repaso polos seus libros, pasando por temáticas como a natureza, os seus cadernos, siluetas, os espazos urbanos, a pintura, a escultura, os clásicos ou os seus procedementos, entre outras.
O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, interveu esta tarde na apertura da exposición de Zabala, e puxo en valor a obra do creativo leonés, así como a iniciativa do Goberno municipal para achegar a cidadanía da Coruña aos profesionais galegos e nacionais de máis prestixio.
O percorrido profesional de Javier Zabala
Entre os premios recibidos por Javier Zabala figuran o Nacional de Ilustración de 2005, White Ravens (Munich) en 2008, a mención de Honra na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia, en 2005 e en 2008, e o Primeiro Premio en libro infantil Banco do libro de Venezuela en 2009.
Ademais, Javier Zabala foi finalista do Premio Andersen en 2012 e candidato por España ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), en 2015. Tamén en 2015 recibiu unha Mazá de Ouro na Bienal de Bratislava e obtivo a Golden Medal of Times Illustration Book Award 2016, na China.
Acadou ademais, pola obra 'Peixe', feita xunto a Emilio Urberuaga, o Premio Purple Island do Nami Concours, en Corea do Sur, e The Braw Amazing Bookshelf da Feira de Bolonia.
29 de abril de 2024
27 de abril de 2024
26 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible