Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de noviembre de 2025

Unha exposición filatélica rememora o 150 aniversario da chegada do ferrocarril á Coruña

A mostra, inaugurada este xoves, pódese visitar na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde a apertura da mostra '150 aniversario da liña de ferrocarril Coruña-Lugo', organizada pola Sociedade Filatélica da Coruña coa colaboración do Concello e do Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide.

"A chegada do tren marcou o inicio da modernización da cidade e a súa conexión co Estado, converténdose nun motor de transformación e progreso", indicou Gonzalo Castro, quen engadiu: "Buscamos poñer o foco nun feito histórico, e facémolo a través de accións coma esta mostra", indicou Castro, quen lembrou que o ferrocarril non so é pasado na Coruña, senón tamén presente e futuro: "Inés Rey promoveu que hoxe esteamos finalizando unha nova estación intermodal e que teñamos tren ata Langosteira, celebramos o pasado, mais tamén preparamos o futuro do transporte ferroviario", apuntou o concelleiro. 

A exposición forma parte das actividades divulgativas e culturais promovidas polo Concello con motivo desta efeméride. Este ano, ademais, o Premio Pérez Lugín de xornalismo versará sobre a chegada do tren á cidade, o 10 de outubro de 1875.

O tramo entre Lugo e A Coruña foi o segundo en entrar en funcionamento en Galicia, despois do Santiago-Carril, e converteu á Coruña na primeira cidade galega conectada por tren co resto da penúnsula. A comunicación completa con León e Palencia non se produciría ata 1883, e con Santiago non chegaría ata 1943.

A historia desta conexión está intimamente ligada a figuras como Martínez Picabia, impulsor da concesión inicial da liña en 1857, e Celedonio de Uribe, enxeñeiro responsable do proxecto final que marcaría o trazado ferroviario que chegaría á cidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión