20 de abril de 2024
Seguiranlle Rita Dove e Alberto Avendaño o 27 de maio e Andrea Cote e Lorena Conde o 10 de xuño
O terceiro e último trimestre de recitais comezará este luns 22 de abril, con Dinu Flamand e Lois Diéguez ás 20.00 horas no Ágora
O ciclo de recitais Poetas Di(n)versos chega ao seu último trimestre cunha ambiciosa programación, na que volve reunir as mellores voces da poesía galega e internacional. Tres citas poéticas dobres que se suman ás actividades literarias postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para esta primavera -co día do Libro e as Letras Galegas como datas especiais-, e que rematan o ciclo ao que lle seguirá a habitual pausa estival (xullo, agosto e setembro) ata retomar os recitais mensuais novamente.
Nos vindeiros meses volverá ao Ágora o ciclo, dirixido pola poeta e Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño, rematando a súa XV edición cunha pulitzer de poesía, un consagrado romanés e unha colombiana xunto con novas voces galegas. O primeiro dos encontros terá lugar este vindeiro luns 22, con Dinu Flamand e Lois Diéguez, dous veteranos autores chegados dende Transilvania e Lugo, achegando os seus versos e reflexionando sobre as resonancias sociais e políticas da poesía.
O mes próximo, o recital poético será o luns 27 de maio a cargo da afroamericana Rita Dove, gañadora do premio Pulitzer de poesía e laureada polo Congreso dos Deputados de EEUU; e o vigués Alberto Avendaño, xornalista e escritor fundador do Grupo Rompente. Porán fin a esta décimo quinta edición Andrea Cote e Lorena Condea, Pontevedresa e colombiana que chegarán ao Ágora o luns 10 de xuño para resignificar dende o corpo ata os espazos con toda a sutileza.
Todos os recitais terán lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora ás 20.00 horas, con entrada de balde ate completar capacidade. Retransmitiranse por streaming, editarase un folleto coleccionable sobre a obra dos autores e autoras e unha libraría de proximidade ofrecerá a posibilidade de adquirir os seus libros cunha sinatura orixinal estampada.
23 de abril de 2024
12 de abril de 2024
10 de marzo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible