Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de febrero de 2024

Valeria Castro regresa á Coruña cun concerto no Teatro Colón o 28 de xuño

As entradas para ver en directo a artista canaria xa están á venda a partir de 20 euros

Valeria Castro regresará á Coruña para actuar o venres 28 de xuño no Teatro Colón. Tras o seu exitoso paso polo Festival Noroeste Estrella Galicia 2022 e o ciclo Selección Sonora 2023, a cantante de La Palma presentará o seu primeiro disco 'Con cariño y con cuidado' nun concerto cuxas entradas xa están á venda a partir de 20 euros. Os billetes poden adquirirse a través de Ataquilla e dos despachos de billetes do Teatro Colón e da praza de Ourense.

Con só 24 anos, Valeria Castro é xa unha das voces máis prometedoras da música en español. A artista canaria deuse a coñecer nas súas redes sociais, onde foi descuberta por Alejandro Sanz, quen a convidou a interpretar xuntos en directo 'Corazón partío'. O seu primeiro disco de longa duración presentarase en máis de dez países, enchendo recintos de grande importancia como o ciclo "Noches del Botánico" e colaborando con artistas da envergadura de Vetusta Morla, Silvana Estrada ou Vicente García.

En setembro de 2023, Valeria Castro foi proposta por primeira vez aos Grammy Latinos na categoría de Mellor Canción de Autor por 'La raíz'. Ademais, a artista canaria tamén está proposta aos Premios Goya na categoría de Mellor Canción Orixinal por 'El amor de Andrea', interpretada xunto a Vetusta Morla.

O Goberno de Inés Rey aposta por unha programación musical de gran calidade e variedade, que encherá neste 2024 os diferentes espazos municipais. A Coruña mantense como a cidade galega con mellor programación cultural, estando entre as mellores valoradas tamén do norte de España.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión