29 de agosto de 2020
A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade está a realizar diversas actuacións na rede de saneamento como na rúa Venecia, cunha inversión de 211.000 euros, en Alexander Von Humboldt, Xeneral Rubín e San Pedro de Mezonzo, e “executa este tipo de labores de forma constante e desde o comezo do mandato”
A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade está a realizar diversas actuacións na rede de saneamento da cidade co obxectivo de levar a cabo un mantemento óptimo nesta infraestrutura urbana fundamental para a correcta condución das augas residuais e o seu correspondente tratamento. Na rúa Venecia, as obras de saneamento separativo contan cun orzamento municipal de 211.000 euros e está previsto que se rematen a mediados de setembro.
Pola súa banda, a concellería tamén realiza labores de mantemento na rede de saneamento pola rotura de colectores nas rúas Alexander Von Humboldt, Xeneral Rubín e San Pedro de Mezonzo. Nas dúas últimas actuacións os traballos de mantemento nos saneamentos van moi avanzados e se prevé que rematen en dúas semanas.
Segundo o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, "o compromiso da nosa alcaldesa, Inés Rey, para ter cuberto o mantemento desta infraestrutura na cidade é firme", e asegura que "o Goberno local executa actuacións na rede de saneamento de todos os barrios de forma constante e desde o comezo do mandato".
Desde Infraestruturas sinalan que proximamente acometerán traballos de mellora no saneamento da zona da Agra do Foxo, en Eirís.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible