Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de diciembre de 2025

Xoel López súmase ao Belén Municipal, aberto desde hoxe ao público ata o 6 de xaneiro

Durante as vindeiras semanas, o tradicional Belén abrirá de mañá e tarde, salvo en datas sinaladas como os días 24, 25 e 31 de decembro, e os días 1, 5 e 6 de xaneiro, cando haberá horarios específicos

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta tarde no acto de apertura do Belén Municipal na sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita. Este ano, a nova figura do Belén será o músico coruñés Xoel López, que puido descubrila xunto á súa familia hai unha semana.

"O Belén Municipal sempre busca render homenaxe a persoas que co seu traballo contribuíron ao progreso e recoñecemento da nosa cidade. Penso que está fóra de toda dúbida que Xoel é un dos nosos máis importantes embaixadores actuais", indicou Inés Rey na súa intervención. No acto participou tamén o coro Cantabile, que interpretou diferentes cancións de Nadal.

O horario xeral de apertura á cidadanía será de 11.00 a 14.00 pola mañá e de 17.00 a 21.00 polas tardes. Haberá horarios específicos en datas sinaladas: o 24 de decembro (só horario de mañá), o 25 de decembro (só en horario de tarde), o 31 de decembro (só en horario de mañá), o 1 de xaneiro (só en horario de tarde), o 5 de xaneiro (só en horario de mañá) e o 6 de xaneiro (só en horario de tarde).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión