Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de marzo de 2022

Yolanda Dorda interpreta a realidade feminina en distintas etapas vitais coa súa mostra ‘Desexos’

A exposición inaugurada no Kiosco Alfonso está formada por 79 obras e inclúe pezas encargadas á pintora pola revista Vogue alemá

O Kiosco Alfonso acolle desde este venres a exposición 'Desexos', da artista Yolanda Dorda, realizada en exclusiva para a cidade e a súa principal sala expositiva. Trátase dunha mostra formada por 79 obras que interpretan a realidade feminina a través de diferentes momentos da vida. Poderá visitarse de maneira gratuíta desde este venres ata o 24 de abril en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Á inauguración asistiu, ademais da autora, a alcaldesa da cidade, Inés Rey. "Esta mostra non podería ter un mellor escenario, o noso querido Kiosco Alfonso, un dos principais fogares da arte na Coruña e que cada ano amosa á cidadanía diversas expresións artísticas de autores de diferentes lugares", sinalou a rexedora.

"Esta exposición explora as diferentes etapas da muller, abranguendo desde a infancia á madurez e reflexionando sobre a construción e a creación da identidade. Unha identidade persoal e íntima que procura atraer persoalmente ao espectador. Unha identidade que se fai pública mediante imaxes intensas, cargadas dunha mestura de emocións, soidade, desolación ou sensualidade", apuntou Yolanda Dorda durante a súa presentación da mostra.

Inés Rey exaltou as virtudes da colección de 'Desexos' como un percorrido feminino co que moitas mulleres se sentirán identificadas. "Con esta mostra de Yolanda seguimos visibilizando na Coruña a influencia das nosas mulleres nas diferentes artes. O ano pasado celebrabamos a Emilia Pardo Bazán, unha das escritoras máis consagradas a nivel nacional. Este 2022 é a vez de María Casares", apuntou Rey.

"As pinturas de Yolanda teñen unha gran sensibilidade e emocionan polo seu tratamento cru da figura feminina, buscando crear sensacións no espectador", sinalou a alcaldesa durante a inauguración.

A exposición

A exposición contén un total de 79 obras, das que 64 son óleos sobre lenzo ou papel e 15 son obras dixitais sobre papel. A colección de pezas abrangue, cronoloxicamente, desde o ano 2007 ao 2022. Dorda traza con esta mostra un camiño por diferentes momentos vitais centrado na figura feminina, que predomina nas obras expostas. As pinturas carecen de título, pois tal e como apunta a propia artista debe ser o espectador quen a interprete segundo a súa visión.

A través dun percorrido marcado polas diferentes salas do Quiosco Alfonso, os asistentes poden ir desde a infancia á idade adulta. Dorda identifica os primeiros anos da vida co sufrimento e o medo, como amosan as expresións dos e das protagonistas das súas pezas. Coa adolescencia aparecen novos sentimentos como a rebeldía. Co tempo, Yolanda Dorda explorou outras facetas da arte como as colaxes, presentes na exposición. Neles, xunta diferentes fragmentos do rostro feminino para crear expresións recoñecibles e afondar nos canons que a sociedade outorga ás mulleres.

A segunda parte da mostra está cargada de erotismo e inclúe unha serie de obras encargadas á artista pola revista Vogue alemá. Nesta sala, Dorda explora o corpo feminino e a súa busca da paixón, mantendo un estilo pictórico moi característico, marcado por un trazo groso.

Nada en Barcelona, Yolanda Dorda fixo a súa primeira exposición individual na Coruña, cidade na que se criou, nunha sala da Casa de Cultura Salvador de Madariaga. Foi no 2006, só un ano antes de comezar os traballos da colección que presenta este venres. Na actualidade, Dorda conta cunha gran reputación artística, tanto a nivel nacional como internacional.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión