17 de diciembre de 2019
O Concello, tendo moi presente a necesidade de apoiar ás asociacións e entidades sociais no desenvolvemento de seu traballo, ofreceu ao longo deste ano 2019 un total de 115 horas de formación distribuídas en 20 cursos e talleres impartidos no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX)
A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, fixo entrega esta tarde no pazo municipal de María Pita de 150 diplomas ás persoas participantes nos 20 cursos impartidos a través do programa "Escola de Participación 2019".
No seu labor de apoio ás diferentes asociacións e entidades sociais, o Concello ofrece a "Escola de Participación", un espazo de formación, aprendizaxe e colaboración para entidades e colectivos informais da cidade. O obxectivo é ofrecer unha formación completa, de calidade, aberta á cidadanía e gratuíta, para capacitar máis e mellor ás entidades, colectivos e persoas que traballan nos proxectos sociais e que contribúen a mellorar a nosa cidade.
Ademais, a través da "Escola de participación" preténdese ofrecer as ferramentas necesarias para aumentar e mellorar a participación na vida municipal, contribuíndo a facela máis diversa, máis inclusiva, máis próxima e, sobre todo, máis accesible a toda a cidadanía.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible