Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os servizos

Os servizos

O Arquivo Municipal existe desde o mesmo momento da creación do Concello, sendo inicialmente o responsable do mesmo o seu escribano ou secretario. Co aumento da poboación e a ampliación de competencias dos municipios crece de forma considerable a súa produción documental, e as administracións locais necesitan profesionais coa formación específica que se fagan cargo da conservación e do tratamento da documentación, e por tanto, da información contida nela.

A partir dese momento adquire relevo a figura do arquiveiro municipal. Desde a década dos vinte do século pasado o centro atópase a cargo de profesionais especializados, inicialmente de archiverosbibliotecarios (Anxo do Castelo ou Isabel Martínez-Barbeito), e desde 1989 xa exclusivamente de arquiveiros. De acordo coa súa natureza e a lexislación vixente, o arquivo facilita o acceso aos documentos á administración que os produce e aos cidadáns.

Este centro dispón dos seguintes servizos:

  • 1. Información oral e escrita.
  • 2. Préstamos de documentos ás oficinas municipais.
  • 3. Consulta de documentos en sala.

Para realizar a consulta da documentación en sala requírese presentar o DNI e encher unha ficha de consulta. A capacidade da sala é de 18 postos de consulta. Nela atópanse os equipos que permiten acceder aos inventarios dos fondos e ao catálogo da Biblioteca Auxiliar.

  • 4. Reprografía.
  • 5. Actividades culturais: exposicións,

mostras, visitas guiadas, ... Organización e colaboración con organizadores de distintos eventos culturais.

  • 6. Biblioteca auxiliar.

Previa solicitude, os seus fondos poden ser consultados en sala. Está especializada en archivística, historia da cidade, dereito e historia das institucións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión