16 de outubro de 2020
A concelleira de Innovación e Emprego asistiu esta tarde á presentación do programa “Relánzate” que a Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE, pon en marcha coa colaboración do concello
A concelleira de Innovación e Emprego, Eva Acón, asistiu esta tarde no centro de empresas Accede Papagaio á presentación do programa "Relánzate", que a Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE, pon en marcha a través dun convenio de colaboración co concello. Trátase, tal e como explicou Acón, dun programa de apoio formativo e de consultoría para que as empresas poidan integrar a tecnoloxía nos seus modelos de xestión e "poidan dar un primeiro paso na transformación dixital". A concelleira explicou que o concello aposta pola formación continua. "Sumarse ao cambio pasa pola formación, "Relánzate" daralles a 23 empresas e persoas emprendedoras as ferramentas necesarias para poder adaptarse á contorna dixital", dixo.
Martínez sinalou que os tempos que vivimos empúxannos a unha reciclaxe continúa e debemos atopar novas fórmulas, novas estratexias que nos permitan avanzar. "As nosas empresas deben buscar novo horizontes e, nesta procura, é imprescindible mergullarse na transformación dixital", apuntou.
Neste ano, a Concellería de Emprego puxo en marcha diversos talleres formativos dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas, comerciantes e empresariado en xeral, que se agrupan en distintas áreas como desenvolvemento de proxectos empresariais, comunicación, novas tecnoloxías, administración e xestión de empresas ou idiomas, que debido á situación actual, se desenvolven en modalidade de teleformación. Nestes momentos, un total de 1.455 persoas están inscritas nos talleres en liña. Debido á alta demanda de prazas, o concello non descarta realizar novas edicións destes talleres.
Doutra banda, o servizo de asesoramento do centro de empresas Accede Papagaio atendeu durante o ano 2020 a un total de 239 persoas e 88 empresas e traballou man a man na creación de 154 proxectos.
7 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible