Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Inés Rey reestrutura as áreas de Turismo, Comercio, Mercados e Festas
Debido á baixa da concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, as áreas de Turismo e Festas deléganse no concelleiro Juan Ignacio Borrego e as competencias de Coemrcio e Mercados á edila Esther Fontán
A alcaldesa, Inés Rey, reestrutura as competencias das áreas de Turismo, Comercio, Mercados e Festas debido á baixa da concelleira Diana Cabanas. Deste xeito, e de acordo co artigo 12 da Lei 7/1985, modifícanse os seguintes aspectos:
Revógase a delegación da área de Goberno de Turismo, Comercio e Mercados na concelleira Diana Cabanas e deléganse as competencias de Turismo e Festas no primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego.
As competencias de Comercio e Mercados deléganse na terceira tenente de alcaldesa concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán.
Á área de goberno de Deportes, Turismo e Festas quedarán adscritos o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e as seguintes concesións de dominio público: Cafetería Atalaia (Xardíns de Méndez Núñez), Cafetería Copacabana (Xardíns de Méndez Núñez), Praia Club (Plataforma de Riazor), Hotel Atlántico (avenida do Porto). En calquera caso, a xestión ordinaria destes inmobles será responsabilidade da área do Goberno competente en materia de Interior.
Á área de goberno de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Comercio e Mercados quedarán adscritos os locais comerciais de Durmideiras, a farmacia do Polígono de Durmideiras, os locais comerciais da praza de España-esquina da rúa San Roque, o Mercado de Monte Alto, o supermercado do Mercado de Monte Alto (incluído o aparcadoiro), o Mercado de Santo Agostiño, o supermercado do Mercado de Santo Agostiño, o Mercado de Eusebio da Guarda (incluído aparcadoiro), o Mercado de Elviña (incluído o aparcadoiro e as galerías comerciais), o Mercado das Conchiñas, o Mercado de Inés de Castro, as concesións destinadas á hostalaría e a outros usos desvinculados de instalación e edificios de responsabilidade doutra área, e o Recinto Feiral (inclúe o aparcadoiro).
A xornada comezou ás 10.00 horas coa saída das e dos inscritos en categoría absoluta, que completaron un percorrido de case 6,5 quilómetros a través da estrada de Visma a Mazaído e o parque de Bens
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible