30 de marzo de 2020
A alcaldesa, Inés Rey, agradece o grande esforzo común que están realizando todas as forzas políticas por seren un único bloque contra esta pandemia
A Comisión de Voceiras/os do Covid-19 volveu a reunirse esta mañá coa presenza da concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, que explicou as diferentes medidas tomadas no ámbito social. A edila abordou a evolución de todo o que se determinou desde o 12 de marzo como as axudas do talón restaurante, comedores sociais, o servizo de voluntariado en domicilio e na liña telefónica "Acompáñote"; novidades na internet como a actividade sociocultural en liña da Rede de Centros Cívicos ou o albergue habilitado para as persoas sen fogar no Pavillón dos Deportes de Riazor. Pola súa parte, a alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Economía, Xosé Manuel Lage, recolleron as propostas expostas polas voceiras e voceiros de todas as forzas políticas. Neste aspecto, a rexedora agradece o consenso acadado con todas e todos os responsables para combateren esta pandemia a nivel local. Os representantes do Goberno local informaron das proposicións que están desenvolvendo co fin de paliar os danos económicos e sociais dunha cidadanía que, segundo Rey, é "a principal prioridade do concello e isto é o que nos preocupa a todas/os. Por iso, queremos tomar as decisións que garantan ao máximo a seguridade e o benestar das coruñesas e coruñeses".
8 resultados
O 15 de mai de 2024
O prazo para participar rematará o vindeiro domingo 26 de maio
O 12 de mai de 2024
A xornada comezou ás 10.00 horas coa saída das e dos inscritos en categoría absoluta, que completaron un percorrido de case 6,5 quilómetros a través da estrada de Visma a Mazaído e o parque de Bens
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible