24 de febrero de 2026
Tres plans de negocio foron recoñecidos polo Concello entre os 15 seleccionados no marco do proxecto Inicia de difusión da cultura emprendedora
O Fórum Metropolitano acolleu, ao longo da xornada de hoxe, a Feira de Ideas, impulsada polo Concello no marco do proxecto Inicia, de difusión da cultura emprendedora. Con este evento, que tivo encontros pola mañá e pola tarde, centos de estudantes de formación profesional puideron participar en sesións formativas orientadas a incentivar o emprendemento empresarial.
Ademais, 15 proxectos emprendedores que foron seleccionados este mes por un comité de valoración foron expostos en público a través de maquetas, folletos e degustacións, en función do proxecto en cuestión. Na sesión de tarde, varias figuras do ámbito do empresariado local deron charlas divulgativas para o alumnado de centros como IES Rosalía Mera, CPR Nebrija - Torre de Hércules, CPR Afundación, CPR Plurilingüe Grande Obra de Atocha, EASD Pablo Picasso ou CIFP Imaxe e Son.
Nestes relatorios formativos as especialistas -Vanina Cabrera (SerHogarSystem, de servizos domésticos e axuda a domicilio) e Patane García (Espazocoop, orientado ao emprendemento cooperativo)-, persoas consagradas nos seus respectivos ámbitos profesionais, explicaron a súa traxectoria e ofrecéronlles ás persoas asistentes consellos útiles para implementaren as súas ideas de negocio no clima económico actual e aprender a potenciar as vantaxes competitivas dos seus proxectos.
As ideas do alumnado gañador do programa Inicia, co que o goberno local busca impulsar iniciativas empresariais e emprendedoras, visibilizándoas e abrindo un camiño á súa consolidación, recibiron os seguintes premios:
1º Premio: 300 € para Aroa Lemo, José Alberto Solez, Alejandro Erbella e Lisa Otero, do proxecto Vintalego (IES Rosalía Mera)
2º Premio: 200 € para Álex Pernas, Diego Cayazzo e Carmen Pastoriza, do proxecto Eskalium (Nebrija Torre de Hércules)
3º Premio: 150 € para Mateo Cambón, Anxo Gestoso e Jorge Simón, do proxecto Padelux (Centro de Formación Profesional Afundación)
Ana Bello, Docente do proxecto gañador (IES Rosalía Mera): 300 €
Centro educativo máis implicado (CIFP Imaxe e son): 300 €
"Desde o goberno de Inés Rey entendemos como unha prioridade facilitar a saída ao mundo laboral de todas as capas da cidadanía, incentivando ademais a iniciativa e a procura de solucións creativas que saiban aproveitar as oportunidades que ofrece o actual clima económico", subliñou o Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica Juan Ignacio Borrego.

16 de marzo de 2026

18 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible