4 de agosto de 2022
A data límite para apuntarse á quinta carreira do circuíto é o 4 de setembro ás 23.59 horas, unha semana antes de que se dispute
Coruña Corre, o circuíto de carreiras populares da Coruña, regresa en setembro despois de tres meses de descanso e xa te podes inscribir na quinta proba do calendario, a Volta a Oza, que se realizará o domingo 11 de setembro.
As inscricións están habilitadas na web https://corunacorre.com/es/web/evento/2237/ ata o domingo 4 de setembro ás 23.59 horas, unha semana antes de que se realice a competición.
A proba absoluta comezará ás 10.00 horas e, posteriormente, a partir das 11.15 horas, están programadas as carreiras de menores, desde sub-18 a peques, que sairán arredor das 12.25 horas.
Co obxectivo do Goberno municipal de promocionar o deporte e os hábitos de vida saudables desde a nenez. A inscrición é gratuíta para os/as menores de 18 anos.
Os inscritos e inscritas no circuíto unicamente deben confirmar a súa participación na web dentro dos prazos de inscrición, sen aboar ningunha cota adicional.
15 de maio de 2024
12 de maio de 2024
16 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible