12 de agosto de 2020
Na reunión mantida esta mañá ambas as partes tamén abordaron a planificación das posibles competicións deportivas cando a situación sanitaria o permita e sempre adaptando os protocolos correspondentes
O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, reuniuse esta mañá co presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán, o vicepresidente da RFGF, Juan Luis Villamisar, e o secretario da devandita entidade, Diego Batalla, co fin de coordinar o posible inicio dos adestramentos dos distintos clubs e entidades da cidade, en caso de que as autoridades sanitarias o permitisen.
Neste encontro ambas as partes tamén abordaron a planificación das posibles competicións deportivas cando a situación sanitaria o permita e sempre adaptando os protocolos correspondentes. A situación das instalacións deportivas municipais foi outro dos temas que se trataron nesta reunión, así como a posibilidade de que se dispute a Copa Deputación da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible