Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de outubro de 2021

Deportes pon en marcha unha nova andaina guiada polas murallas da cidade

A actividade, totalmente gratuíta, está inicialmente dirixida ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais de máis de 18 anos. No caso de que queden prazas libres, estas abriranse á cidadanía en xeral, sempre e cando sexan persoas maiores de idade.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, anunciou esta mañá que o concello pon en marcha unha nova andaina guiada. Neste caso, dixo, tratase dunha ruta polas murallas da cidade. Esta iniciativa súmase as andainas guiadas polos espazos deportivos da cidade que a Concellería de Deportes iniciou no mes de marzo na que participaron até o momento 338 persoas.

A actividade, totalmente gratuíta, está inicialmente dirixida ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais de máis de 18 anos. No caso de que queden prazas libres, estas abriranse á cidadanía en xeral, sempre e cando sexan persoas maiores de idade.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, destacou que "as andainas son unha proba da importancia das conexións que poñen en valor o binomio Turismo e Deporte para dar protagonismo a aquelas actividades deportivas que motiven a visitar a nosa cidade",

E lembrou que a idea xurdiu en plena pandemia, para poder aproveitar todo o que se podía facer para saír da casa e desentumecer músculos "ao tempo que coñecemos historias da nosa cidade, historias do deporte coruñés e tamén historias da cidade mentres facemos exercicio".

As andainas do mes de outubro serán as seguintes:

OPCIÓN 1: Ruta polo Deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor

Horario: 12.00 a 13.00 horas

Datas: Todos os venres de cada mes.

OPCIÓN 2: Ruta polas Murallas da Coruña.

Horario: 12.00 a 13.30 horas

Distancia aproximada: 4 quilómetros

Datas: Todos os domingos de cada mes.

As persoas interesadas en inscribirse deberán completar o formulario que se atopa na páxina web de Deportes ou ben chamar ao teléfono 981 18 98 00. As prazas asignaranse por estrita orde de inscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión