27 de febreiro de 2021
“A veciñanza demostrou que o sentimento do Entroido, unha das festas máis emblemáticas da cidade, é un sentimento arraigado, e a creatividade e as tradicións tamén se poden desfrutar desde a casa e cumprindo coas medidas”, asegurou a alcaldesa, Inés Rey
O Concello agradécelle á cidade que mantivera viva a tradición do Entroido pese a pandemia. Representantes das agrupacións de comparsas do Entroido coruñés elixiron hoxe as persoas gañadoras do concurso de disfraces en liña do Concello da Coruña, In-troido, que contou coa participación de máis de 200 persoas a través das canles sociais do ente municipal nas catro categorías existentes: crianzas de até 6 anos, de 7 a 12 anos, de 13 anos en adiante e grupal / familiar.
O Concello da Coruña puxo en marcha un concurso exclusivamente dixital para que, neste entroido tan "atípico" por mor das restricións da pandemia do coronavirus, as e os cidadáns puideran participar desde os seus fogares compartindo instantáneas dos seus disfraces a través das redes sociais, co fin de manter viva a tradición desta festividade.
A alcaldesa, Inés Rey, agradeceu a boa resposta da veciñanza, "que mantivo vivo o espírito do Entroido". Rey asegurou que "as últimas semanas foron moi duras con respecto á situación da pandemia, pero a veciñanza demostrou que o sentimento do Entroido, unha das festas máis emblemáticas da cidade, é un sentimento arraigado, e a creatividade e as tradicións tamén se poden desfrutar desde casa e cumprindo coas medidas".
Representantes das agrupacións de comparsas do Entroido coruñés formaron o xurado deste concurso: Laura Vázquez Loureiro, de Monte Alto a 100; Marcos Fernández Eimil, de Amigos da Xoldra; Haydee Estevez Barcala, dos Maracos; Paula Monteagudo Infante, de Malandros; Consuelo Roque López, de Pantaleón; e Pily Ferreiro Fernández, dos Kilomberos de Monte Alto.
As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto co Concello da coruña a través dunha mensaxe privada na rede social coa que participaron (Twitter, Facebook ou Instagram) ou na dirección de correo electrónico IMCE@coruna.es para poder tomar nota dos seus datos e artellar a entrega do premio. O prazo para contactar será de 15 días desde a publicación das persoas gañadoras nas diferentes canles sociais.
Premios Categoría "Até 6 anos":
1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade
Barbie Peina y Maquilla Edición Limitada.
2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade
Charles e a Queen.
3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade
Tintín y Milú.
4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis
O tren que me leva.
Premios Categoría "De 7 a 12 anos":
1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade
Mellor con máscara... por favor.
2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade
Merienda con la Reina de Corazones.
3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade
Adam y Lucas Huntingford.
4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis
La Nerds
Premios Categoría "De 13 anos en adiante":
1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade
Xenio desconfinado.
2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade
Emilia Pardo Bazán.
3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade
Asalto ó Capitolio na miña casa!
4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis
Viaxando coa mente e a unha orella hincándolle o dente.
Premios Categoría "grupal / familiar":
1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade
Bonequiños confinados.
2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade
El DOGa trae nuevas noticias... resumiendo #QuedateEnCasa.
3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade
Pop Art Style
4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis
¡Qué nervios, se me ha caído un diente!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible