12 de maio de 2021
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación pon en marcha estas actividades interxeracionais co obxectivo de ir recuperando paulatinamente a actividade presencial nestes espazos municipais
O Concello organiza 39 talleres e cursos monográficos presenciais nos Centros Cívicos da cidade, co obxectivo de ir recuperando paulatinamente a actividade presencial nestes espazos municipais. Cada formación será para catro participantes máis un monitor/a e terá un prezo de 4 euros.
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, explicou que se poñen en marcha estas actividades "para ir recuperando a presencialidade na rede municipal de Centros Cívicos, tendo en conta o importante son estes espazos para as persoas dos diferentes barrios e para as súas relacións interpersoais".
As persoas interesadas en asistir a estas formacións poderán solicitalo o 18 e 19 de maio no horario de apertura de cada centro cívico. As prazas conseguiranse por estrita orde de inscrición nas conserxerías dos devanditos centros. Se a persoa consegue unha praza, daráselle a folla de pago que terá que entregar selada pola entidade bancaria coa data límite do mércores 20 de maio. De non ser así, perderase a praza e chamarase a seguinte persoa na lista de espera.
Desde a concellería informan de que a realización destes cursos será en paralelo ao programa de actividades socioculturais dos Centros Cívicos, que seguen realizándose a través do canal de Youtube "Coruña Acompaña" e que a día de hoxe ten máis de 175.000 visualizacións.
Os cursos e talleres que se ofertan son os seguintes:
Centro Cívico |
ACTIVIDADE I |
ACTIVIDADE II |
ACTIVIDADE III |
San Diego |
Terapia estimulación cognitiva Días 25,28 maio e 1 xuño. Horario: 10.30 a 12.00h. |
Elaboración de xabóns naturais Días: 3 e 4 de xuño Horario: 17.30 a 19.45h. |
Mindfulness Días: 25, 27 maio e 1 xuño. Horario: 10.30 a 12.00h |
Monelos |
Terapia estimulación cognitiva Días: 24,27, 31 maio Horario: 10.30 a 12.00h |
Técnicas de relaxación e control da ansiedade Días: 26,28 maio e 2 xuño Horario: 18.00 a 19.30h |
Expresión musical Días: 26, 28 maio e 2 xuño. Horario: 10.30 a 12.00h |
Palavea |
Reciclaxe creativa Días:25,27 maio e 1,3 xuño Horario:18.00 a 19.00h (agás o día 3 que remataría ás 19.30h) |
Taller DJ Días:28 de maio e 4 xuño Horario: 18.00 a 20.15h |
Técnicas de relaxación e control da ansiedade Días 1,2 e 3 xuño Horario: 10.00 a 11.30 h |
Castrillón |
Taller de lettering (inic) Días:28 maio e 4 xuño Horarios: 17.30 a 19.30h (día 28) 17.30 a 20.00h ( día 4)
|
Expresión musical Días:25,27 maio e 1,3 xuño Horario: 10.00 a 11.00h 10.00 a 11.30h (día 3) |
Benestar e recuperación emocional Días:26,31 maio e 3 xuño Horario:10.30 a 12.00h |
Labañou |
Manexo do móbil Días:26,31 maio e 2 xuño Horario:10.30 a 12.00h |
Terapia estimulación cognitiva Días: 27 maio e 1,3 de xuño. Horario:10.30 a 12.00h |
Técnicas de relaxación e control da ansiedade Días:27 maio e 1,3 de xuño. Horario:18.00 a 19.30h |
Rosales |
Elaboración de xabóns naturais Días: 26,31 maio e 2 xuño. Horario:18.00 a 20.00h |
Mindfulness Días:25,27 maio e 3 xuño Horario: 10.30 a 12.00h |
Taller de Slime Días:27 maio e 1,3 xuño Horario:18.00 a 19.30h |
Novoboandanza |
Técnicas de relaxación e control da ansiedade Días:25,27 maio e 1 xuño Horario: 10,30 a 12.00h |
Terapia estimulación cognitiva Días:26,28 maio e 2 xuño Horario: 10.00 a 11.30h |
Taller de Slime Días: 24,28 e 31 de maio Horario:17.30 a 19.00h |
Mallos |
Móbiles e aplicacións Días: 26,28 maio e 2 xuño Horario: 10.30 a 12.00h |
Reciclaxe creativa Días:28 maio e 4 xuño Horario:17.00 a 18.30h |
Terapia estimulación cognitiva Días: 25,27 maio e 1 xuño Horario:10,30 a 12.00h |
Eirís |
Comic e manga Días:27,28 maio e 2 de xuño. Horario:19.00 a 20.15h |
Mindfullness Días: 2,3 e 4 de xuño. Horario: 10,30 a 12.00h |
Taller de Slime Días:24,26 de maio e 1 xuño Horario:18.15 a 20.00h |
Elviña |
Móbiles e aplicacións Días: 25,27 maio e 1 xuño Horario: 10.30 a 12.00h |
Terapia estimulación cognitiva Días: 26,28 maio e 2 xuño Horario: 10.30 a 12.00h |
Técnicas de relaxación e control da ansiedade Días:25,27 maio e 1 xuño Horario:18.00 a 19.30h |
Mesoiro |
Reciclaxe creativa Días:25,27 maio e 1 xuño Horario:17.30 a 19.00h |
Elaboración de xabóns naturais Días:27,28 maio Horario: 18.30 a 20.45h |
Técnicas de relaxación e control da ansiedade Días: 1,2,3 xuño Horario:10,30 a 12.00h |
Monte Alto |
DJ e musical Días:29 maio e 5 xuño Horario:10.30 a 12.45h |
Transferencia de imaxes Días:26,31 maio e 2 xuño Horario:17.00 a 18.30h |
Terapia estimulación cognitiva Días:25,27 maio e 1 xuño Horario:10.30 a 12.00h |
Cidade Vella |
Terapia estimulación cognitiva Días:24,26 e 31 de maio Horario:10.30 a 12.00h |
Taller de Slime Días:26,28 maio e 2 xuño Horario:17,00 a 19.30h |
Taller de lettering (inic) Días: 26,28 maio e 2 xuño Horario: 17.30 a 19.00h |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible