Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de febrero de 2026

Preto de 900 estudantes participarán nas III Xornadas de Orientación Artística e Profesional

Os encontros comenzarán o próximo luns 23 de febreiro e desenvolranse en 11 centros públicos de FP, na EASD Pablo Picasso e no Forum Metropolitano

Preto de 900 estudantes de secundaria inscribironse para participar nas III Xornadas de Orientación Artística e profesional, procedentes de centros de ESO, bacharelato e FP da cidade da Coruña e de fora.

As Xornadas comezarán o próximo luns 23 de febreiro e desenvolveranse os días 23, 24 e 25, de febreiro nos 11 centros públicos de FP e na EASD Pablo Picasso, coa participación de 65 docentes de ditos centros, e o 2 de marzo no Forum Metropolitano.

Realizaranse visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas dos 82 ciclos formativos de grado medio e superior que se imparten na cidade, e 6 ciclos de ensino artístico que se imparten na EASD Pablo Picasso, sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais. Ademais realizaranse dúas mesas informativas sobre:

  • Estudos Superiores de Deseño que se poden realizar en Galicia, na EASD Pablo Picasso, o mércores 25 ás 17:30h;
  • FP Básica, no Forum Metropolitano, o luns 2 de marzo ás 17:30h, dirixida ao alumnado da ESO, ANPAs e público interesado.

As persoas que non se inscribiron mais que estean interesadas en asistir a algunha das visitas ou mesas informativas, poderán achegarse as sedes correspondentes, pois quedan prazas dispoñibles.

Paralelamente publicarase na web educativa municipal a guía "TI ELIXES 2026", que ofrece información sobre a oferta educativa de FP, universitaria e de aprendizaxe de idiomas, busca de emprego e unha selección de bolsas e axudas convocadas por entidades públicas e privadas, tanto en España como no estranxeiro.

Unha ferramenta práctica imprescindible que lle facilita a toma de decisións sobre o futuro académico e profesional ao alumnado de educación secundaria e serve de apoio ao labor dos equipos de orientación de institutos e centros privados de ESO e bacharelato, dende hai anos.

"Desde o goberno de Inés Rey tratamos de axudar en todo o que podemos ás persoas que se atopan ante a importantísima decisión de decidir o rumbo das súas futuras vidas profesionais. Por iso poñemos as instalacións educativas ao servizo deste tipo de iniciativas que son fundamentais para centos de persoas", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica Juan Ignacio Borrego. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión