26 de outubro de 2020
A Casa Museo Casares Quiroga acollerá a exposición `Referentes Trans´ e no Centro Cívico da Cidade Vella terá lugar este venres a xornada de conversas e debate `Realidades Trans´ para abordar as diferentes demandas do colectivo
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación presentou o programa para a visibilización da situación das persoas Trans e das súas demandas con motivo do Día Mundial da Despatoloxización Trans. Os obxectivos principais destas accións son poñer o foco de atención nas demandas que estigmatizan o colectivo Trans: a retirada dos manuais diagnósticos da clasificación dos procesos de tránsito entre xéneros como trastorno mental, o recoñecemento legal de xénero sen requisitos médicos, o acceso a unha atención sanitaria trans específica publicamente cuberta, a depatoloxización da diversidade de xénero na infancia, así como a protección contra a transfobia.
No marco da programación municipal, o Centro Cívico da Cidade Vella acollerá o vindeiro venres, 30 de outubro, dende as 17.00 horas, a xornada de conversas e debate `Realidades Trans´ para abordar as diferentes demandas do colectivo nos distintos ámbitos da vida como o laboral, o educativo ou o sanitario. A xornada de charlas contará coa participación de Miguel Vieito, Helio Marcial Miramontes, Daniela Ferrández e Kaia Baena. A inscrición poderase formalizar no teléfono 981 189 885 até o mesmo día do evento ou ata completar a capacidade.
A efeméride completarase na Casa Museo Casares Quiroga coa exposición `Referentes Trans´ que busca visibilizar, dar exemplo e empoderar as persoas Trans a través da biografía de diversos referentes do colectivo.
8 resultados
O 12 de mai de 2024
A xornada comezou ás 10.00 horas coa saída das e dos inscritos en categoría absoluta, que completaron un percorrido de case 6,5 quilómetros a través da estrada de Visma a Mazaído e o parque de Bens
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible