31 de xullo de 2020
Inés Rey animou ao alumnado a gozar da súa etapa universitaria
.- A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe no salón de Plenos de María Pita as nove alumnas e alumnos coruñeses co mellor expediente nas probas ABAU co fin de recoñecer o seu esforzo e o seu traballo durante este curso marcado pola pandemia COVID-19. O alumnado, acompañado no acto por familiares e profesorado, recibiu un obsequio que lle foi entregado pola rexedora.
Inés Rey lembroulles que serán a xeración que realizou a ABAU post pandemia, a que non puido finalizar os seus estudos de segundo de Bacharelato nunha situación normal, pero tamén "a xeración que saberá o que é pasar momentos difíciles e o necesario que é esforzarse, non só de maneira individual, senón tamén en grupo para asumir os retos que temos por diante", dixo.
"Seredes a xeración que poderedes contar que, a pesar da pandemia, do confinamento e dos falecidos, fomos capaces de saír xuntos, e seremos capaces de seguir traballando para saír desta crise que estamos a vivir". Animoulles a seguir esforzándose e formarse e, como non, a gozar da súa etapa universitaria. E, por último, pediulles que, unha vez que finalicen os seus estudos, regresen á A Coruña, e traballen con todo o seu talento para a cidade.
Así, a alcaldesa sinalou a obrigación das administracións de fomentar e favorecer o talento para que despois redunde no beneficio da cidade e confía en que "o voso futuro estea na cidade".
Tamén lles agradeceu ás nais e aos pais e ao profesorado o seu labor no éxito acadado polo alumnado, e quixo destacar de maneira especial o papel das mestras e dos mestres "aos que non hai que que esquecer", finalizou.
8 resultados
O 12 de mai de 2024
A xornada comezou ás 10.00 horas coa saída das e dos inscritos en categoría absoluta, que completaron un percorrido de case 6,5 quilómetros a través da estrada de Visma a Mazaído e o parque de Bens
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible