2 de marzo de 2021
O Goberno local entende que, despois de 6 meses agardando, tras acordar cos técnicos do Sergas o documento técnico, a administración autonómica debe axilizar a sinatura para proceder a licitación do proxecto e da obra. Villoslada lembra que a reforma do mercado é “unha obra prioritaria para o Goberno local e para os veciños da Falperra”, cuxo proxecto “logrouse desbloquear despois de tantos anos grazas á vontade de diálogo e de consenso de Inés Rey.
Despois de seis meses agardando pola sinatura do convenio do Mercado de Santa Lucía, o Goberno local valora o interese amosado hoxe pola Xunta tras presentar uns planos municipais que xa foron presentados hai meses á asociación de veciños. O Goberno que dirixe Inés Rey lembra que o documento técnico xa foi acordado o pasado verán cos técnicos do Sergas, polo que agarda que a urxencia sexa real e que se asine canto antes o convenio, que non conta cunha partida concreta nos orzamentos do ente autonómico para este exercicio.
A Xunta de Galicia presentoulles os planos elaborados polo Concello ás veciñas e aos veciños da contorna do Mercado de Santa Lucía, polo que o Executivo local entende que non haberá ningunha demora para que se lle entregue de volta o documento final do devandito pacto. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, urxe á Xunta a que lle traslade o convenio definitivo para asinalo o antes posible, "o que permitirá que o Concello poida licitar o devandito proxecto e a execución posterior". Ata este momento, aseguran, o Executivo local realizou todos os trámites necesarios para este proxecto, que considera tan importante para as veciñas e os veciños da Falperra. A reforma do Mercado de Santa Lucía para convertelo nun espazo mixto é "unha obra prioritaria para o Goberno local e para os veciños da Falperra", cuxo proxecto "logrouse desbloquear despois de tantos anos grazas á vontade de diálogo e de consenso que caracteriza a Inés Rey", apuntou Villoslada.
7 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible