15 de novembro de 2020
O gran éxito desta iniciativa conlevou a que o Goberno local ampliase 400 prazas ás ofertadas inicialmente, e programará novas accións formativas dentro desta modalidade para o ano 2021
O Concello, a través dos cursos en liña gratuítos do Plan de Recuperación Económica e Social da Coruña (PRESCO), remataron o seu prazo de inscrición cun total de 3.600 prazas de formación dirixidas a persoas desempregadas, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou traballadoras/es temporais que desexen mellorar o seu emprego.
No marco do PRESCO, o Goberno local abriu o 22 de outubro o prazo de solicitude dunha batería de 50 accións formativas de balde para 3.200 persoas, que rematou o pasado domingo despois de esgotar todas as prazas dispoñibles. O gran éxito desta iniciativa conlevou a que se ampliasen as prazas dispoñibles, así as matriculacións ascenderon ata as 3.601.
Desde o Goberno local aseguran que "a actual situación socioeconómica en que nos atopamos propicia que debamos enfrontar unha nova realidade e que a formación en liña pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos".
O Concello programará novas accións formativas dentro desta modalidade para o vindeiro ano debido á gran demanda destes cursos. Toda a información sobre esta nova formación e as súas particularidades poderase consultar de forma detallada no portal web municipal do Servizo de Emprego.
7 resultados
O 18 de abr de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, fíxolle entrega das bolsas individuais, tamén dispoñibles para a súa recollida no Centro Cívico
O 16 de abr de 2024
As persoas interesadas en apuntarse a esta proba e ao conxunto do circuíto poderán facelo ata o 5 de maio
O 7 de abr de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de entrega de premios ás e aos gañadores
O 13 de mar de 2024
A Coruña foi a única cidade galega en crear unha oficina específica de atención ás persoas que fuxían da invasión rusa
O 5 de mar de 2024
As persoas interesadas poden participar no conxunto das sete carreiras ou apuntarse para a XII Carreira Popular da Torre do próximo 23 de marzo
O 25 de feb de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas aos gañadores
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible