Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axencia Tributaria - AEAT

Enderezo:

Rúa Comandante Fontanes 10, Bj. 15003 A Coruña

Teléfono:

981 201 300

981 616 605 - 981 616 675 (Unidade de Atención ao Contribuínte)

981 616 647 - 981 616 610 - 981 616 628 (Censos, Pemes e Empresarios)

981 616 550 (Recadación Provincial)

981 616 664 - 981 616 650 (Unidade de Módulos e Xestión Tributaria)

981 161 471 (Tribunal Económico - Administrativo)

981 161 355 (Clases Pasivas)

981 616 700 (Recadación Rexional)

981 161 372 (Xerencia Catastral)

Fax:

981 202 924

Páxina web:

http://www.agenciatributaria.es

Servizos:

Planta baixa: Unidade de Atención Integral ao Contribuínte; Censos, Pemes e Empresarios.

Primeira planta: Recadación Provincial e Intervención.

Segunda planta: Unidade de Módulos e Xestión Tributaria.

Terceira planta: Secretaría.

Cuarta planta: Tribunal Económico - Administrativo; Patrimonio do Estado e Clases Pasivas.

Quinta planta: Recadación Rexional e Inspección.

Sexta planta: Xerencia Catastral.

Sétima planta: Subinspección.

Horario:

Luns a venres 09:00 h. a 14:00 h.

SERVIZO AUTOMÁTICO: 901 121 224

Horario: 24 h.

Servizos dispoñibles:

  • Petición de etiquetas identificativas. Achegando os caracteres numéricos do NIF ou NIE.
  • Solicitude de certificado de Renda. Achegando os caracteres numéricos do NIF ou NIE e determinada casa da declaración de Renda do ano anterior (emítese o último certificado dispoñible).
  • Confirmación do borrador de declaración de Renda (en Campaña de Renda). Achegando os caracteres numéricos do NIF ou NIE e o número de xustificante do documento de ingreso ou devolución.
  • Información do estado da devolución do Imposto sobre a Renda. Achegando os caracteres numéricos do NIF ou NIE e o importe da devolución solicitada (sen decimais).

CENTRO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA (RENDA ASISTENCIA): 901 200 345

Horario:

  • Inverno (setembro a marzo): luns a venres de 08:30 h. a 19:00 h.
  • Primavera (abril a xuño): luns a venres de 08:30 h. a 21:00 h.
  • Verán (xullo): luns a venres de 08:30 h. a 19:00 h.
  • Verán (agosto): luns a venres de 08:30 h. a 15:00 h.

Servizos dispoñibles:

    • Obtención do número de referencia do borrador da declaración de Renda ou dos datos fiscais (en Campaña de Renda). Achegando os caracteres numéricos do NIF ou NIE, determinada casa da declaración de Renda do ano anterior e o número de teléfono móbil ao que desexa que se lle envíe a mensaxe.
    • Información e solicitude do pago anticipado da dedución para nais traballadoras.
    • Información e solicitude do pago anticipado da dedución por familia numerosa e persoas con discapacidade.
    • Comunicación do cambio de domicilio fiscal.
    • Xestión do Borrador de Declaración da Renda.

    INFORMACIÓN TRIBUTARIA BÁSICA: 901 335 533

    Horario:

    • Inverno (setembro a xullo): luns a venres de 09:00 h. a 19:00 h.
    • Verán (agosto): luns a venres de 09:00 h. a 15:00 h.

    Servizos dispoñibles:

    • Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
    • Imposto sobre Sociedades
    • Imposto sobre o Valor Engadido

    CITA PREVIA PARA RENDA: 901 223 344

    6 de maio ao 29 de xuño de 2015 (ambos os incluídos): luns a venres de 09:00 h. a 19:00 h.

    CAMPAÑA DA RENDA 2014

    CONTRIBUÍNTES NON OBRIGADOS A DECLARAR

    Con efectos de 01/01/2007, data de entrada en vigor da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, suprímese o modelo de comunicación de datos solicitando a devolución para non obrigados a declarar. Nestes casos, pódese obter a devolución presentando a declaración de Renda ou, no seu caso, mediante a tramitación do borrador de declaración.

    CONTRIBUÍNTES OBRIGADOS A DECLARAR

    Presentación da declaración da renda:
    Período: 7 de abril ata o 30 de xuño de 2015. Se se domicilia o pago, o prazo finaliza o 25 de xuño de 2015, para os seguintes medios de presentación:

    Período: 11 de maio ata o 30 de xuño de 2015. Se se domicilia o pago, o prazo finaliza o 25 de xuño de 2015, para os seguintes medios de presentación:

    • Persoalmente nas oficinas da Axencia Tributaria.

    Para declaracións fóra de prazo, a presentación seguirá dispoñible por Internet ata o 1 de xullo de 2019.

    Cita previa para a confección da declaración da renda
    Período: desde o 6 de maio ata o 29 de xuño de 2015, para os seguintes medios de presentación:

    • Por Internet: www.agenciatributaria.es
    • Por teléfono no 901 223 344 de cita previa (luns a venres, de 09:00 h. a 19:00 h.).

    Solicitude do número de referencia do borrador da declaración

    Período: desde o 7 de abril ata o 30 de xuño de 2015, para os seguintes medios de presentación.

    • Por Internet: www.agenciatributaria.es
    • Por teléfono no 901 200 345 RENDA ASISTENCIA (luns a venres, de 09:00 h. a 21:00 h.).
    Se se presentou declaración o pasado ano deberá indicar o importe da casa 415 do exercicio 2013, así como o NIF/NIE do solicitante.

    Solicitude do borrador da declaración e datos fiscais
    Período: desde o 7 de abril ata o 30 de xuño de 2015, para os seguintes medios de presentación:

    • Por Internet: www.agenciatributaria.es
    • Por teléfono no 901 200 345 RENDA ASISTENCIA (luns a venres, de 09:00 h. a 21:00 h.).
    • Persoalmente nas oficinas da Axencia Tributaria.

    Se se presentou declaración o pasado ano deberá indicar o importe da casa 415 do exercicio 2013, así como o NIF/NIE do solicitante.

    Cita previa para rectificación de borrador

    Período: desde o 6 de maio ata o 29 de xuño de 2015, para os seguintes medios de presentación:

    • Por internet: www.agenciatributaria.es
    • Por teléfono no 901 223 344 de cita previa (luns a venres, de 09:00 h. a 19:00 h. ).

    Modificación do borrador
    Período: desde o 7 de abril ata o 30 de xuño de 2015, para os seguintes medios de presentación:

    • Por Internet: www.agenciatributaria.es
    • Por teléfono no 901 200 345 RENDA ASISTENCIA (luns a venres de 09:00 h. a 21:00 h.).

    Período: desde o 11 de maio ata o 30 de xuño de 2015, para o seguinte medio de presentación:

    • Persoalmente nas oficinas da Axencia Tributaria previa cita, concertada por Internet ou chamando ao 901 223 344 de cita previa (luns a venres de 09:00 h. a 20:00 h.).

    Confirmación do borrador da declaración
    Período: desde o 7 de abril ata o 30 de xuño de 2015. Se se domicilia o pago, o prazo finaliza o 25 de xuño de 2015, para os seguintes medios de presentación:

    • Por Internet: www.agenciatributaria.es
    • Por teléfono no 901 121 224 SERVIZO AUTOMÁTICO (24 horas)
    • Por teléfono no 901 200 345 RENDA ASISTENCIA (luns a venres, de 09:00 h. a 21:00 h.)
    • Por SMS desde o móbil enviando mensaxe ao 217223
    • Por banca electrónica e telefónica das entidades financeiras que presten o servizo.

    Período: desde o 11 de maio ata o 30 de xuño de 2015. Se se domicilia o pago, o prazo finaliza o 25 de xuño de 2015, para o seguinte medio de presentación:

    • Persoalmente nas oficinas de entidades financeiras que colaboren (incluídos caixeiros automáticos), nas oficinas habilitadas pola Comunidades Autónomas ou nas oficinas da Axencia Tributaria.

    O servizo de confirmación de borrador seguirá dispoñible por internet ata abril de 2016, para declaracións fóra de prazo.

    Prazos de pago (declaracións con resultado a ingresar):

    O abono do importe resultante da declaración da renda pódese fraccionar en dous pagos. No primeiro pago abonarase o 60% da totalidade do importe e no segundo o 40% restante.

    O abono do primeiro pago realizarase:

    • Con domiciliación bancaria: o día 30 de xuño de 2015
    • Sen domiciliación bancaria: pódese ingresar calquera día tendo en conta que o último día de pago é o 30 de xuño de 2015

    O abono do segundo pago realizarase:

    • Con domiciliación bancaria: o día 5 de novembro de 2015
    • Sen domiciliación bancaria: calquera día desde o 1 de xullo ao 5 de novembro de 2015 (ambos inclusive)

    DEDUCIÓN POR MATERNIDADE

    Dedución por maternidade para mulleres con fillos menores de tres anos

    Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, publicada no BOE nº 285 do 29 de novembro de 2006 (Título VIII Artigo 81).

    Modelos de solicitude da dedución por nacemento ou adopción no IRPF e a prestación de pago único da Seguridade social por nacemento ou adopción, lugar, forma e praza de presentación dos mesmos.

    Orde EHA/394/2011, de 21 de febreiro, pola que se aproba o modelo 140, de solicitude do abono anticipado e comunicación de variacións da dedución por maternidade do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, publicada no BOE nº 50 do 28 de febreiro de 2011.

    NORMATIVA IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS

    Orde HAP/467/2015, de 13 de marzo, pola que se aproban os modelos de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto sobre o Patrimonio, exercicio 2014, determínanse o lugar, forma e prazos de presentación dos mesmos, establécense os procedementos de obtención ou posta a disposición, modificación e confirmación ou subscrición do borrador de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e determínanse as condicións xerais e o procedemento para a presentación de ambos por medios telemáticos ou telefónicos, publicada no BOE nº 67 do 19 de marzo de 2015.

    Modelo 145 - Retencións sobre rendemento de traballo

    Resolución de 17 de decembro de 2013, do Departamento de Xestión Tributaria da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se modifica a de 3 de xaneiro de 2011, pola que se aproba o modelo 145, de comunicación de datos do perceptor de rendas do traballo ao seu pagador ou da variación de datos previamente comunicados, publicada no BOE nº 3 do 3 de xaneiro de 2014.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión