Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campus de Nadal de Baloncesto 1ª Quenda.

Cando:

Dende o 21/12/2015 ata o 24/12/2015

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/12/2015 ata o 15/12/2015

Horario:

10:00 a 14:00 h.

(8:00 a 9:45 h. opción madrugadores).

Enderezo:

Instalacións Polideportivas da Cidade Deportiva de Riazor. Rúa Manuel Murguía s/n. 15011 A Coruña

Observacións:

Onde e cando?

Inscricións “en liña” en www.coruna.es/deportes, nas instalacións da C.D. de Riazor, C.D. da Torre, ou no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, do 3 ao 15 de decembro de 2015, ou ben, e dentro dos seus propios prazos e procedementos, directamente en cada entidade organizadora.

Como?

1.- Cubrir a solicitude en:

2.- Pago da cota.

As solicitudes presentadas a través da páxina web municipal, recibirán automaticamente un SMS ou un correo electrónico, cunha mensaxe informándolle de onde teñen que facer efectivo o devandito pago.

3.- Para formalizar a inscrición será necesario presentar o XUSTIFICANTE DE PAGO nun prazo de 72 horas desde o momento que se efectúa a solicitude.

É preciso indicar no xustificante de ingreso, os seguintes conceptos:

  • Nome do solicitante e teléfono de contacto.
  • Nome da entidade organizadora.
  • Concepto: Actividade deportiva na que solicita a praza.

A copia do xustificante de pago poderase presentar a través de calquera destas vías:

  • Enviando unha copia escaneada por correo electrónico a deportes@coruna.es
  • Persoalmente entregándoa no Palacio de Deportes de Riazor, de 8:00 a 23:30 h.

A entidade organizadora resérvase a comprobación de pago das actividades.

4.- En caso de non presentalo perderá a quenda de inscrición.

5.- Confirmación da inscrición:

  • Nas actividades con pago de cota: unha vez entregado o xustificante de pago recibirá un SMS ou un e-mail confirmando a súa inscrición.
  • Nas actividades gratuítas: unha vez enviada/entregada a solicitude recibirá un SMS ou un e-mail confirmando a súa inscrición.

6.- Cando o número de prazas solicitadas supere as ofertadas, crearase unha lista de espera segundo orde de data e hora da solicitude. Recibirá aviso de "Lista de Espera".

7.- Para os menores de idade, a inscrición orixinal asinada polo titor/ra deberá ser entregada o primeiro día da actividade.

8.- O Concello non se fará responsable das modificacións ou cancelacións que as entidades organizadoras poidan facer na súa programación. Así mesmo, reservarase o dereito para efectuar cambios por necesidades organizativas, comunicándoo coa maior antelación posible.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión