Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Modificación temporal na liña 11

Cando:

Dende o 20/06/2024 ata o 27/06/2024

Xa rematou

Enderezo:

Rúa Pla y Cancela y Costa da Unión. 15009

Por obras nas rúas Pla y Cancela e Costa da Unión.

Está previsto que o próximo día 20 de xuño, a partir das 09.30 horas, comecen os traballos de reurbanización das rúas Pla y Cancela e Costa da Unión, polo que será necesario modificar o itinerario da liña 11 mentres duren os traballos da reforma.

A modificación afecta á liña 11 no seu itinerario de ida cara aos Mallos e Marineda City. En concreto, despois da rúa Juan Flórez, 82 (parada núm. 188), en lugar de virar cara á Costa da Unión, deberá continuar circulando por Juan Flórez ata San pedro de Mezonzo, para a continuación subir pola rolda de Nelle e recuperar o seu itinerario habitual na avenida dos Mallos.

Os autobuses realizarán as paradas xa existentes ao longo deste itinerario alternativo, é dicir, as paradas situadas en Juan Flórez, 166 (parada núm. 189, situada diante do Colexio Labaca) e a da rolda de Nelle, 25 (parada núm. 77, á altura da ponte peonil da rúa Falperra).

No percorrido de volta, desde a parada da rolda de Nelle/avenida de Arteixo (parada núm. 52, sede da UIE), baixarán pola rolda de Nelle ata San Pedro de Mezonzo, continuando pola rúa Castiñeiras e Federico Tapia para recuperar o seu itinerario habitual na praza de Vigo. Realizaranse novamente as paradas situadas ao longo do percorrido: rolda de Nelle, 9 (parada n.º 53, situada pouco antes do cruzamento coa rúa Víctor López Seoane) e Juan Flórez, 119 (parada n.º 194, a poucos metros da igrexa dos Capuchinos).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión