O xoves 10 de marzo ás 19.30 h, Suso Seixo ofreceranos unha charla sobre o 10 de marzo de 1972. 50 anos despois.
Para público en xeral
10/03/2022
Xa rematou
Luns a xoves de 19.30 a 21.00 horas (excepto durante os meses de verán, que permanecerá pechado)
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002
Para asistir á proxección debe inscribirse aquí
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A. C. Alexandre Bóveda
Rúa Olmos, 16, 1º
15003 A Coruña
Teléfono 981 200 869
Neste ano 2022 cúmprense 50 anos dun dos sucesos máis traumáticos da historia do movemento obreiro galego, como foi o metrallamento, por parte da policía franquista, dunha manifestación de traballadores da empresa BAZÁN (hoxe Navantia) en Ferrol, o 10 de marzo de 1972, que rematou coa morte de dous traballadores, Amador Rey e Daniel Niebla, e con preto de trinta traballadores feridos de bala.
Estamos diante dun acto de brutal represión, un dos moitos que sufriu o movemento obreiro durante a ditadura franquista, que exemplifica o carácter sanguinario, antiobreiro, inhumano e de desprezo que devandito réxime político e os seus máximos dirixentes sentían polas clases traballadoras e o trato que daban a todas aquelas persoas que tiñan a bravura de os enfrontar, en defensa da súa dignidade e dos seus dereitos fundamentais, a este réxime ditatorial.
O ano 72 foi determinante no nacemento do sindicalismo nacionalista. Estamos diante duns sucesos que convulsionaron a sociedade galega, e de forma especial o movemento obreiro, o cal propiciou o clima necesario para que a decisión política que adoptara a Unión do Pobo Galego, de promover a autoorganización do noso pobo a todos os niveis, empezase a facerse efectiva na clase traballadora galega. Partindo de cadros provenientes de Galiza Socialista, de Organización Obreira da propia UPG, en 1973 constitúese a Fronte Obreira deste partido, que promove a creación de xermolos sindicais en diferentes comarcas de Galicia, fundamentalmente nas cidades, por ser onde había maior concentración obreira, referenciados a nivel propagandístico na edición de boletíns como Adiante en Vigo, Ferramenta en Ferrol, Galego en Compostela, Obradoiro en Ourense, Xerme na Coruña.
Suso Seixo foi secretario geneeral da CIG desde o ano 2001 ao 2017. Na actualidade, é o presidente da Fundación Moncho Reboiras para o estudo e divulgación da realidade social e sindical de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible