Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

A Coruña live Xperience. XOEL LÓPEZ

A Coruña live Xperience. XOEL LÓPEZ

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/12/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Os prezos oscilan entre os 35,00 € e 40,00 € segundo zona

Páxina web:

https://acorunalivexperience.com/

Xoel López é sen dúbida un dos artistas máis solventes e representativos da escena independente. Tras máis de 20 anos de traxectoria musical, a música de Xoel López defínese polo xenuíno das súas paisaxes, cada disco é un exercicio de liberdade creativa e á vez un capítulo case biográfico.

Xoel non ten límites: é camaleónico. Tanto colabora con artistas moi diversos como achega as súas composicións a películas como Amigos ata a Morte (2023) ou a anuncios comerciais: Xacobeo 2022, Sorteo de Ouro da Cruz Vermella 2023... Nos 38 Premios Goya, Xoel resultou nomeado na categoría de Mellor Canción Orixinal por Eco, composta para a película "Amigos ata a morte" de Javier Veiga. Ademais, na XVI edición dos Premios da Música Independente alzouse co premio a Mellor Álbum Pop por Caldo "Espírito".

Coa súa inconfundible enerxía e versatilidade, Xoel transforma cada concerto nunha auténtica celebración, reflectindo a paixón e entrega que sempre marcaron os seus directos. Tras varios anos actuando en festivais e grandes recintos, o retorno ás salas permitiulle reconectar desde un lugar máis íntimo.

«Nas salas podes chegar a matices e recunchos que simplemente non son posibles noutros escenarios», confesou o artista, reafirmando a maxia única destes concertos cara a cara.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Palacio: unicamente a tarde do concerto.
  • Despacho de billetes Praza Ourense: de luns a venres (excepto festivos) en horarios de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión