Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"À l'abordage" (Á abordaxe), de Guillaume Brac

Sala Fernando Rey - Ciclo Estreas en V.O.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 17/09/2026, 18/09/2026, 19/09/2026

Horario:

Xoves 17: 20.00 h

Venres 18: 20.00 h

Sábado 19: 17.30 e 20.00 h

Duración:

95 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos: carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas 2,00 €

Proxección dos sábados ás 17.30 h: prezo único 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

À l'abordage! (Á abordaxe!), de Guillaume Brac

Con Eric Nantchouang e Salif Cissé

Francia 2020

95 minutos - Proxección en VOSE

Non recomendada para menores de 7 anos

Unha calorosa noite de verán en París, Félix coñece a Alma. A velada vai coma unha seda e acaban durmindo xuntos nun parque. Nada máis espertar, Alma marcha a pasar o verán coa súa familia ao sur de Francia. Félix, que se namorou perdidamente, decide darlle unha sorpresa e pasar o verán coa súa alma xemelga. Na compaña do seu mellor amigo, Chérif, inicia viaxe nun coche compartido co descoñecido e melindroso Edouard. Ao chegar, un pequeno accidente co coche provocará que os tres compartan cámping nunhas vacacións atípicas onde nada sae como estaba planeado.

Xoves 17: 20.00 h

Venres 18: 20.00 h

Sábado 19: 17.30 e 20.00 h

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días da proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión