Poesía e teatro pola igualdade e a liberdade.
Para público en xeral
30/11/2020
Xa rematou
19.00 h
* Ás 18:30 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.
90 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
30
de balde
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Participantes na actividade "Gosto de vivir a poesía", da asociación veciñal Agra, recitarán poemas para conmemorar o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
A continuación, Os Quinquilláns interpretarán "A pluma viva de Rosalía".
A pluma viva de Rosalía
Baseada nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro.
Montaxe teatral sobre igualdade e liberdade a partir de textos de Rosalía de Castro
No ano 1864 Rosalía de Castro visita por sorpresa a imprenta de Soto e Freire en Lugo.
Catro textos brillantes, retranqueiros e satíricos da escritora están a punto de seren publicados, mais nas oficinas da imprenta acaba de acontecer un conflito moi violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra.
Tipo de público: a partir de 9 anos e adultos/as en xeral
Rosalía de Castro - Tero Rodríguez
Manuel Soto Freire - Lucho Penabade
Vestiario - Bety Busto
Música - J. L. do Pico Orjais
Espazo escénico - Os Quinquilláns
Iluminación e son - Bandín Audio
Dramaturxia e dirección: Lucho Penabade. Tero Rodríguez
26/04/2024
26/04/2024
27/04/2024
Dende o 26/04/2024 ata o 27/04/2024
03/05/2024
03/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible