Primavera 2024
Para público en xeral
Dende o 20/05/2024 ata o 15/06/2024
Xa rematou
Listaxe de inscricións – Saídas clausura programa de lecer 2024 (535 KB)
PREINSCRICIÓN PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES DO PROGRAMA DE LECER: 20, 21 e 22 de maio
A través do formulario colgado na páxina web http://www.coruna.gal/cultura.
Para aquelas persoas que non teñan posibilidade de facelo de maneira telemática, haberá persoal de axuda no Ágora e no Fórum, en horario das 9.00 ás 14.00 h.
Cada persoa pódese anotar en 3 saídas curtas e 3 longas. Deben anotalas por orde de preferencia. No caso de querer ir con outra/s persoa/as que participa/n nos obradoiros, é imprescindible facer a preinscrición de forma consecutiva.
SORTEO: xoves 23 de maio, ás 10.00 h
NÚMERO QUE SAÍU NO SORTEO: 483
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS: o 24 de maio, a partir das 10.00 h, no Fórum, no Ágora, na páxina web e no servizo 010.
Listaxe de inscricións – Saídas clausura programa de lecer 2024
ABOAMENTO: venres 24 (horario de mañá), luns 27 e martes 28 de maio, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 horas (salvo o venres 24, o horario será das 10.00 ás 14.00 horas).
UNICAMENTE SE REALIZARÁN OS COBROS EN EFECTIVO. De non facer efectivo o aboamento da/s saída/s adxudicada/s, a persoa interesada perderá a súa preferencia, e as prazas serán vendidas como prazas libres.
PRAZAS LIBRES PARA PÚBLICO EN XERAL (se aínda houbese prazas): a partir do 30 de maio. Farase por inscrición directa, no Fórum e Ágora, das 10.00 ás 14.00 horas. ABOAMENTO: UNICAMENTE SE REALIZARÁ EN EFECTIVO.
PROCESO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A partir do número do sorteo tratarase de asignar a primeira saída preferente e o asento do autobús, ata esgotárense as prazas.
No caso de moita demanda, organizaremos outro autobús ou mesmo máis autobuses noutras datas. Trataremos de adxudicar 2 saídas curtas e 2 longas por persoa, sempre e cando teñamos prazas suficientes. E no caso de que sobrasen prazas, poderíase adxudicar unha terceira.
A partir do número que saíse no sorteo, iremos asignando as prazas de cada saída ata completarmos o autobús entre todas as persoas que as solicitasen, pola orde de preferencia que estableceron na solicitude.
MOI IMPORTANTE:
*As saídas terán un número mínimo de participantes para seren realizadas: 15 persoas para as curtas e 45 para as longas.
*As rutas poden sufrir algunha modificación. Nestes casos as persoas interesadas serán informadas.
*No caso de anular a praza xa aboada, só se devolverá o importe no caso de se cubrir con outra persoa.
Os días 09/10/2024 ás 18:00 , 16/10/2024 ás 18:00 , 23/10/2024 ás 18:00
Atención: novas datas!
Dende o 02/10/2024 ata o 09/10/2024
Require inscrición previa
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible