“Andar cos tempos… ou de como cribar o gran para mañá” é unha exposición que convida a rever a tradición con perspectiva de xénero.
Para público en xeral
Dende o 16/05/2017 ata o 11/06/2017
Xa rematou
- de martes a sábado de 11 a 13:30 h e de 18 a 20:00 h
- domingos e festivos de 12 a 14:00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
Céntrase principalmente no baile e na música tradicional, detectando distintos estereotipos sexistas que se perciben á hora de desenvolver estes dous elementos do patrimonio: os roles de bailadores e bailadoras, os xeitos de moverse e bailar, o reparto de instrumentos musicais diferenciados por sexos e a construción de parellas desde unha única óptica, a heterosexual.
Os obxectivos da mesma son:
Concienciar sobre os estereotipos de xénero en todos os ámbitos das nosas vidas en xeral, e na nosa tradición, en particular.
Crear debate sobre se debemos seguir transmitindo a tradición sen revisións críticas, que promulguen a equidade das persoas.
Por en valor a nosa cultura tradicional potenciando a igualdade de xénero.
Esta exposición naceu en 2015 no marco dos XVI Encontros de Música Tradicional de Carboeiro e expúxose no Museo do Pobo Galego en Abril e Maio de 2016 dentro da programación do Departamento de Educación e Acción Cultural. En Decembro de 2016 foi exposta polo Observatorio pola Igualdade da Mariña na oficina de turismo de Ribadeo.

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible