A Coruña das mansións do século XVIII: función e representación é a terceira actividade dentro do Programa Ando na Coruña do ano 2024. Alfredo Vigo Trasancos é un recoñecido especialista en temas de arquitectura e urbanismo, especialmente do século XVIII e particularmente do Barroco e a Ilustración. Da súa man, coñeceremos algunhas das construcións residenciais que se edificaron na Coruña no século XVIII e que lle deron á cidade unha imaxe absolutamente innovadora.
Persoas adultas
Os días 09/10/2024 ás 18:00 , 16/10/2024 ás 18:00 , 23/10/2024 ás 18:00
Atención: novas datas!
Dende o 02/10/2024 ata o 09/10/2024
Require inscrición previa
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
20
Inscrición previa
As persoas inscritas comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións, sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da listaxe de espera.
O número de participantes variará dependendo dos requisitos e necesidades de cada actividade en concreto.
Biblioteca de Estudos Locais
Teléf.: 981 184 386
Primeira sesión: introdución e presentación (9 de outubro)
Nesta primeira sesión entrégaselles ás persoas participantes un completo dosier con bibliografía e textos seleccionados.
Alfredo Vigo Trasancos realizará unha presentación e contextualización do marco histórico da Coruña no século XVIII, mediante unha conferencia apoiada dunha presentación en Power Point.
A continuación, empezará co estudo individual de cada casa. Os edificios que se van analizar serán:
Segunda sesión: continuidade (16 de outubro)
Nesta sesión remátase a exposición sobre as mansións e dedícase o resto do tempo para que as persoas participantes poidan intervir, unha vez lidos os textos do dosier, e expoñer as súas dúbidas e observacións.
Terceira sesión: visita guiada (23 de outubro)
A derradeira sesión consistirá nunha visita guiada aos edificios estudados anteriormente, unicamente polo exterior destes: Casa de Zuazo Mondragón (marqués de Almeiras), Casa Cornide, Casas de Paredes, Antiga Aduana (actual Subdelegación do Goberno), Casa de José Ramos (posteriormente Real Consulado Marítimo) e Capitanía.
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible