Conscientes de que a cultura ocupa un lugar central na construción e desenvolvemento da Eurorrexión e do seu sistema urbano, a Bienal de Pintura do Eixo Atlántico constitúe un dos programas máis queridos, de maior éxito e participación.
Para público en xeral
Dende o 20/02/2020 ata o 19/04/2020
Xa rematou
Para realizar as inscricións as persoas participantes deben acceder á ligazón: https://www.eixoatlantico.com/bienal-de-pintura-2020, onde tamén poden consultar o regulamento.
XIII-BIENAL-DE-PINTURA-EIXO-ATLANTICO---REGULAMENTO-GAL-3C.pdf (848 KB)
Este programa, con xa máis de 20 anos, estimula a creación artística, posibilitando simultaneamente o intercambio cultural e o coñecemento de artistas, que no noroeste peninsular constitúen unha contribución extraordinariamente viva e dinámica no panorama cultural europeo.
Máis aló diso, o Premio de Novos Talentos Luso - Galaicos pretende estimular o esforzo e a creatividade da xente máis nova, e suscita un futuro culturalmente rico e diversificado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible