APRAZADO - O Planetario da Casa das Ciencias acollerá unha sesión de música electrónica do ciclo Modulartec-Vortex
Para público en xeral
23/02/2024
ADIADO. Contactarase coas persoas que xa teñen entrada para comunicarlles a nova data do evento.
Xa rematou
Cambio de datas
Venres 23 de febreiro ás 21.00 horas.
Importante: unha vez iniciada a actuación non se poderá acceder á sala.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
4,12 euros
Modulartec, na súa sétima edición deste festival de música electrónica, recupera as sesións Vortex que se iniciaron en 2018 no Planetario da Casa das Ciencias, pero esta vez potenciadas polos novos proxectores dixitais que permiten a creación de visuais en tempo real.
MDLRTC VORTEX preséntase como unha homenaxe ás sesións experimentais que naceron en 1959 no Morrison Planetarium de San Francisco, proxecto multimedia pioneiro no que a música electrónica e a creación visual en directo atopáronse por vez primeira baixo a cúpula inmersiva dun planetario. A primeira sesión deste novo ciclo estacional terá como protagonista a un dj set en vinilo de Fatfish e coas visuais a cargo de Jose Manuel Saudinos.
Fatfish é un coleccionista de discos e selector con máis de 30 anos na escena como dj e promotor, responsable de Discorder, a mítica tenda de Madrid de música electrónica e de vangarda durante os anos 90 e os 00, habitual de clubs nacionais e internacionais, así como en festivais de prestixio. Actualmente dirixe o encontro de síntese modular da Coruña, Modulartec.
Jose Saudinos é un creador madrileño e autodidacta por convicción, cuxa carreira creativa é ampla e polifacética dada a súa capacidade innata para adaptarse ao novo mediante a exploración constante e a aprendizaxe continua.
16/05/2024
16/05/2024
18/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
19/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible