Sesións para xaneiro, febreiro e marzo
A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do Libro de Familia onde figuren o nome e a data de nacemento.
Os nenos e nenas deberán ir acompañados/as durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.
Para público en xeral
Dende o 14/01/2023 ata o 26/03/2023, os sábados e domingos
Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 10.00 horas do luns 9 de xaneiro, premendo aquí.
Das 11.00 ás 12.30 horas
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
264 prazas en total, 12 prazas por sesión
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.
O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións do primeiro trimestre do ano da actividade «Aventura coas focas».
Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade as persoas participantes visitarán a cociña do Aquarium, participarán na preparación dos alimentos e accederán ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.
A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores. Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do 9 de xaneiro.
As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.
03/02/2023
03/02/2023
03/02/2023
Dende o 02/02/2023 ata o 04/02/2023
Dende o 02/02/2023 ata o 04/02/2023
04/02/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible