Un ano máis, a Banda Municipal da Coruña participa dentro da programación oficial do Festival RESIS. Nesta ocasión ten como director convidado a José Trigueros, director asociado da Orquestra Sinfónica de Galicia, e como solista de percusión a Noè Rodrigo.
Para público en xeral
20/04/2023
Xa rematou
20.00 h
Entrada libre ata completar a capacidade do teatro
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Banda Municipal de Música da Coruña
teatrocolon@coruna.gal
O programa do concerto inclúe 3 obras: a estrea da versión revisada da nova compositora ribadense CARME RODRÍGUEZ, A COVA SUMERXIDA, que se inspira na lenda popular da serea Maruxaina; a estrea en España de PERCUSSION CONCERTO, do percusionista e compositor BRETT WILLIAM DIETZ, unha obra composta para percusión solista que consta de tres movementos moi diferentes entre si e de alto nivel emocional. E, por último, a obra que dá nome ao concerto, DÉSERTS, de EDGAR VARESE, unha das máis emblemáticas do compositor francés, que a define como un retrato "non só aos desertos físicos de area, mar, montañas e neve, senón tamén ao espazo interior de todos os desertos que a xente pode atravesar".
Entidades
03/05/2024
03/05/2024
05/05/2024
08/05/2024
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible