Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
28/03/2023
Xa rematou
Dende o 24/03/2023 ata o 28/03/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de máis de 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
40 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Soprando a buguina, comezará a nosa viaxe nun barquiño de pau.Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. Mesmo daremos unha volta por debaixo do mar.
Barquiño de pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para explorar os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma as do papel, da tea, das esponxas naturais.
Música ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas. Brincaremos coa imaxinación recreando animais con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases:
Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
30/05/2023
Dende o 26/05/2023 ata o 30/05/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 2 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
02/06/2023
07/06/2023
Dende o 02/06/2023 ata o 07/06/2023
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible