Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Bichocas", de Xarope Tulú, ás 17.00 h

Espectáculo para a primeira infancia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/03/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/03/2023 ata o 07/03/2023

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

17.00  horas 

Duración:

40 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

40 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

"Bichocas", de Xarope Tulú, está interpretada pola actriz Atenea García.

Os obxectos e a palabra farannos viaxar a través do mundo animal. As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos.

A actividade realizarase na aula 8 do Centro Ágora.

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión