Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Brinca vai 2.0

Brinca Vai! 2.0 é un espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cddvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, imaxes, vídeos, animacións, retransmisións en directo e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. Nesta ocasión o músico e actor Paco Nogueiras e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo combinan a súa tecnoloxía, aparatos e instrumentos nunha divertidísima viaxe chea de humor, cores, imaxes, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe.

A quen vai dirixido?:

Familiar

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

02/01/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/12/2017 ata o 02/01/2018

É necesario retirar un convite na páxina de ticketea para todas as persoas que vaian asistir, tanto para as crianzas como para quen as acompañe

Formulario de inscrición

Horario:

18:30 h

Duración:

Unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

Inscricións en ticketea a partir das 9.00 h do 26 de decembro

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística

Unha fantástica oportunidade de regalar os ollos e as orellas, brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música e a imaxe soan con forma de sorriso.

Brinca Vai! 2.0 convértese nun espectáculo interactivo onde a música colle forma e a imaxe soa máis alegre . Brinca Vai! 2.0 viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar cos ollos, as mans e orellas ben abertas!

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión