Apartáronse hai dez anos da música. Fixérono cun último disco que foi número uno en vendas. Era puro rock! Aparecen, tras esa longa paréntese, cun xénero totalmente oposto ao da súa anterior etapa, ¡BOLEROS! Novo número un en vendas, nove anos despois!
Para público en xeral
01/05/2015
Xa rematou
21 horas.
No mes de xaneiro do 2013, oito semanas despois do seu lanzamento, toda a industria discográfica é consciente de que “Orígenes: el bolero”, de Café Quijano, é o disco revelación do ano e unha das sorpresas máis importantes dos últimos tempos.
Os seus discos mantéñense nas listas de vendas entre os máis vendidos dende hai dous anos, ininterrompidamente. Ás poucas semanas do lanzamento do seu primeiro álbum de Boleros xa era “Disco de platino” e, dende o primeiro día, situouse no núm. 1 de vendas.
Durante o ano 2013 realizaron a xira máis extensa dun artista en España: máis de 60 concertos colgando o cartel de “Sold out” en, practicamente, todos os recintos.
No verán deste mesmo ano gravaron o segundo volume destes “Orígenes” que viu a luz no mes de novembro con idéntico éxito que o anterior. Un mes despois xa era Disco de Ouro. Idéntico éxito na súa xira do 2014.
Non só apareceron novamente en escena cun concepto arriscado, os boleros, senón que, ademais, o seu repertorio é totalmente inédito e con todas as cancións orixinais compostas por Manuel Quijano.
Ningún dos grandes intérpretes da historia do bolero compuxeron ou triunfaron cun repertorio propio; Café Quijano si o conseguiu!
A imaxe do grupo é impecable. Sobre o escenario cada detalle está coidado ao máximo. Os seus concertos son pura exquisitez. Son o triunfo da sinxeleza elegante.
Entidades

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible