Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Carlos Núñez en concerto

Como xa é tradición, o noso gaiteiro máis internacional volve á casa polo Nadal e ofrécenos un concerto emotivo e sempre sorprendente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/12/2022

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.30 h

- Hora da apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea filas 1-2-3 localidades 14 a 13 (bloque central) 32,00 €

Resto de platea / Palco central / Palco Real 29,00 €

Palco lateral 24,00 €

Principal 20,00 €

1.ª fila Principal (VR) + MR 18,00 €

- Prezo con desconto: desconto do 20% para carné xove, > 65 anos ou persoas desempregadas / desconto do 25% para familia numerosa

Organiza:

KELTIA PRODUCCIONS SL

Cumpríronse 25 anos do seu primeiro disco, o xa clásico Irmandade das Estrelas - que celebra con novo disco xunto a Rozalén, Andrés Suárez, Glen Hansard, Iván Ferreiro ou Tanxugueiras - , pero Carlos non descansa e segue ofrecéndonos novidades e colaboracións con artistas de todos os xéneros, desde a ópera á música antiga, desde o flamenco ao trap. Sen ir máis lonxe, nos últimos meses tocou na Coruña como convidado de Baiuca ou Pablo Alborán.

Desde que os seus mentores, os lendarios irlandeses The Chieftains, lle transmitisen a súa idea da música celta como aberta e profunda, colaborou con artistas tan variados e emblemáticos como Joan Manuel Serrat, Luz Casal, o guitarrista norteamericano Ry Cooder ou os flamencos Vicente Amigo e Juan Manuel Cañizares, Roger Hodgson de Supertramp, Mike Scott dos Waterboys, Jackson Browne, os cubanos Omara Portuondo ou o falecido Compay Segundo, os oscarizados Gustavo Santaolalla ou Ryuichi Sakamoto, os brasileiros Milton Nascimento ou Carlinhos Brown, a estrela da ópera Bryn Terfel, ou da música antiga Jordi Savall, a cantaora Carmen Linares ou Enrique Morente, a tamén desaparecida Montserrat Caballé ou mesmo o seu "paisano galego" Julio Iglesias.

Carlos Núñez é un instrumentista excepcional que vendeu máis de 1 millón de discos con Sony e o primeiro en levar o seu instrumento, a gaita, a templos internacionais da música como o Musikverein de Viena, o Carnegie Hall de Nova York, o Boston Symphony Hall, o Royal Albert Hall de Londres, a Sydney Opera House, o Teatro Colón de Buenos Aires, ou a Berliner Philharmoniker.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente os días do espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 h ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión