Tres expertos abordarán os retos e solucións innovadoras relacionadas coa resistencia aos antibióticos
Para público en xeral
26/06/2025
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Entrada libre, ata completar a capacidade da sala
CorBi Foundation
O vindeiro xoves, 26 de xuño, a Domus acolle unha charla-debate na que se falará sobre as resistencias antimicrobianas, a estratexia baseada nunha Soa Saúde da Organización Mundial da Saúde (OMS) e as solucións innovadoras nas que se está investigando para loitar fronte a bacterias resistentes, como a fagoterapia e o CRISPR-Cas, de edición xenética.
Intervirán Bruno González Zorn, director da Unidade de Resistencia aos Antimicrobianos (ARU), catedrático da Universidad Complutense de Madrid e asesor da OMS, e Rafael Pinilla Redondo, coordinador do grupo de investigación de Inmunidade Bacteriana na sección de Microbioloxía da Universidad de Copenhague.
Moderará o debate María del Mar Tomás, médica e microbióloga do Hospital da Coruña e coordinadora do grupo de investigación de Microbioloxía Traslacional (MicroTM) do INIBIC-CHUAC.

29/07/2026

30/07/2026

30/07/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

01/08/2026
Dende o 27/07/2026 ata o 31/07/2026
Require inscrición

05/08/2026
Dende o 29/07/2026 ata o 05/08/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible