Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Charla: "María Casares e o existencialismo"

María Casares, muller independente

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

08/06/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 18.30 a 20.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Hashtag:

#AnoInternacionalMaríaCasares

Contacto:

brosales@coruna.gal

918 184 389

No marco da programación do Ano Internacional María Casares nas Bibliotecas Municipais da Coruña, terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Os Rosales unha conversa a cargo de Sabela Hermida en torno á figura de María Casares e os seus vencellos coa filosofía e o teatro existencialistas ao longo da súa carreira artística.

Sabela Hermida é actriz e bailarina de ampla traxectoria e de polifacética formación. Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Granada no ano 2002, realizou o Master en Artes Escénicas: Teatro, Música y Danza, da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid e culmina a súa formación académica doutorándose en Artes Escénicas cunha tese sobre María Casares titulada: ¿El desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencialista francés? Sobre María Casares tamén participou nas diferentes actividades e coloquios organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia entre os anos 2016 e 2019, e foi convidada no ano 2016 polo Ateneo Republicano de Galicia para impartir a conferencia: ¿María Casares: Exilio e Galeguidade?

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión