Exposición fotográfica de Salvador Quesada Montoro.
Todos os públicos.
Para público en xeral
Dende o 14/12/2015 ata o 26/12/2015
Xa rematou
Luns a venres de 8.00 h. a 21.00 h.; sábados de 9.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 21.00 h.
Entrada libre e gratuíta.
981 18 42 93
Cando o viaxeiro pretende plasmar nunha fotografía calquera vivencia, existen dous momentos esenciais para facelo. O primeiro cando acabas de chegar ao país con ollos novos e captas aquilo que che sorprende, e o segundo prodúcese a partir do momento no que es capaz de apreciar os detalles diferenciadores desa cultura con respecto á túa. Ambos son imprescindibles e complementarios para conseguilo.
En China, a fábrica do mundo occidental, as imaxes convértense no máis vivo expoñente dunha sociedade na que é posible apreciar coma un crecemento económico desaforado induce a un sistema social e a un reparto da riqueza non sempre equilibrado, onde as oportunidades se abren a todos pero só chegan a unhas minorías, e onde o tradicional e o moderno están obrigados a convivir, producíndose de continuo unha estraña maridaxe.
As fotos son só iso, fotos. Pero son, tamén, un asexadoiro que nos amosa comportamentos e actividades cotiás que conforman unha forma de vivir a vida diferente á nosa.
Esta mostra fotográfica elaborouse coa intención de trasladar tan só unhas pequenas pinceladas de momentos que todos os días se producen nalgunha das grandes e pequenas cidades dese sorprendente país.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible