O terceiro espectáculo do ciclo BEBESCENA para público de 1 a 3 anos, son trinta minutos de poesía sensorial.
Familias
25/10/2015, de 11:00 a 13:30
Xa rematou
Funcións ás 11:00 e 12:30 h
30 minutos
6,00¬. Abono familiar: 15,00¬ (mínimo un adulto e un menor).
Os menores de 3 anos que non ocupen asento non pagan entrada.
Capacidade reducida
VENDA DE ENTRADAS E ABONOS:
CHÍOS son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais e nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo, descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, desfrutaremos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.
Compañía: Teatro da Semente (A Coruña)
Interpretación: Raquel Queizás e Chus Álvarez.
Dirección: Teatro da Semente

22/12/2025

23/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible